miércoles, 27 de mayo de 2009

CocoRosie

Parece que cando falamos de música pop ou rock, os instrumentos que deben acompañar esta música son guitarras eléctricas, baixos e batería. Por que non acompañarse dun piano-xoguete infantil ou dunha harpa?

Estas dúas irmás, que creceron separadas e se encontraron en París no 2003, forman o grupo CocoRosie. As súas voces peculiares, o uso de "instrumentos" inusuais ou do beatboxing, fan deste dúo unha das propostas máis orixinais do panorama musical actual.

En 2007 publicaron o seu terceiro álbum "The Adventures of Ghosthorse an Stillborn". Aquí vos deixo un exemplo da súa música, Hairnet Paradise.